ANDAINA EN MONTEDERRAMO

A PROBA TERÁ LUGAR O DÍA 19 DE ABRIL DE 2008 (SÁBADO), A PARTIR DAS 9:30 DA MAÑÁ, NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO (PROVINCIA DE OURENSE). CON ESTA INICIATIVA PRETÉNDESE MOSTRAR ÓS CIDADÁNS O FERMOSO PARAXE DA SERRA DO SAN MAMEDE, E MÁIS PERCORRER A RUTA QUE, COMO DI A LENDA, SEGUÍA O SANTO DENDE A ERMIDA QUE LEVA O SEU NOME ATA O MOSTEIRO CISTERCENSE DE SANTA MARÍA DE MONTEDERRAMO, COMUNIDADE Á CAL PERTENCÍA.

HABERÁ TRES MODALIDADES:
CAMIÑANTES: máximo 300
CORREDORES: máximo 100
CICLISTAS: máximo 100

A Idade para participar: 18 anos, ou 16 se san acompañados.
A cita comezará en Montederramo:
-Para Camiñantes: ás 09:30h
-Para Corredores: ás 10:00h
-Para Ciclistas: ás 10:30h
TODOS CONCENTRADOS AS 09:15 DIANTE DO MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO.
ESTARÁ DEBIDAMENTE SINALIZADO SEGUNDO AS NORMAS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, SEGUINDO A RUTA DO SANTO.
1.- KM.05, 500- Auga e Coca-Cola
2.- KM. 11,100- S. Mamede (Comida e líquido).
3.- KM. 14,500- Auga e Froita
4.- KM.22,000- Auga e Coca-Cola.
5.- MONTEDERRAMO (final).
Servirase un suculento xantar segundo se vaia rematando a proba.
O albergue estará habilitado a partir das 12:00 horas da mañá.

A partir das 16:30h, efectuarase o sorteo de agasallos, achegados polos diferentes patrocinadores. A continuación, CONCERTO FOLK no claustro do Mosteiro. A maiores haberá un guía, para a visita do Mosteiro.

Para máis información, podedes dirixirvos ó Concello nos teléfonos:
-988 29 20 00
-988 29 20 72.
Ou no mail: concello.montederramo@eidolocal.es
Publicar un comentario en la entrada