Andaina Concello de Barbadás

- A data de inscrición será do 19 de maio ata o 2 xuño.
- O número máximo de participantes é de 400. Se non se alcanzara este número no periodo establecido seguirase anotanto participantes ata o día anterior á proba.
- O prezo é de 5 euros, que inclúe camiseta conmemorativa, e avituallamento líquido e sólido ó longo do camiño.
- Terá lugar o vindeiro sábado, 7 de xuño de 2008 con saída as 9,00 h. da mañá.

REGULAMENTO
1- ORGANIZACIÓN
A proba está organizada polo Concello de Barbadás.
2- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Poderá realizarse nos seguintes puntos:
- casa da Xuventude (Parque Solaina- A Valenza) Tel. 988391526; mail: xuventude@barbadas.es
- Concello Barbadás “Servizos Sociais” (Cimadevila 11-Barbadás)- Tel. 988360000
- Casa da Cultura (Rúa San Bernabé- A Valenzá) Tel. 988246885.
- Gimnasio Squash Orense S.L. (R/ Galicia 3, 32005 Ourens)Tel.988249308 (de 9,30 a 13 e de 16,30 a21 h)

Será necesario realizar o ingreso da inscrición no número de conta 2080-0342-68-0040009641 de Caixanova; o xustificante de ingreso se entregará xunto coa ficha de inscrición nos puntos citados de información para que a inscrición se faga efectiva e onde se lles entregará un dorsal co número de participante.

3- SAÍDA
Farase desde o Parque da Liberdade na Avda de Celanova Celanova (antiga N-540) de a localidade de A Valenzá na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes da proba para verificar a inscrición.
Na liña de meta farase entrega dunha camiseta a todos os que superen a proba ou alomenos una etapa.
4- PERCORRIDO
O percorrido consta de tres etapas que suman un total de 22,50 km. Estará correctamente sinalado; para facer o percorrido a pé, non correndo, dende a saída ata a liña de meta, con frechas de cor verde cada 50 metros . Durante o traxecto os participantes recibirán avituallamento líquido e alimentos.

5- AVITUALLAMENTOS
Ó longo do percorrido haberá tres puntos de avitallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados nos seguintes puntos da ruta:
* no Km 6,08 (Sobrado do Bispo): auga e froita
* no Km 11,43 (Monte do Castro): auga e froita
* no Km 17,97 (Bentraces): auga e degustación
6-ZONAS DE CONTROL E CUALIFICACIÓNS
Os controis estarán situados ó final de cada etapa:
* Control 1: no km 6,08 (Sobrado do Bispo)
* Control 2: no km 15,71 (Loiro)
* Control 3(META): no km 22,50 (A Valenzá, no Campo dos Carrís)

Os participantes Terán un tempo de 6 horas para realizar a proba completa de 22, 50 km

* ETAPA 1 : 6,08 km
* ETAPA 2: 9,63 km
* ETAPA 3: 6,79 km

Tódolos participates que rematen a proba ou superen alguna das etapas recibirán una CAMISETA CONMEMORATIVA.
Publicar un comentario en la entrada