Andaina polo Bidueiral de Montederramo

O vindeiro domingo 18 de maio, Amigos da Terra dentro do Programa "Maio
Xove" da Casa da Xuventude de Ourense, organiza unha andaina polo
Bidueiral de Montederramo na Serra de San Mamede.

Camiñaremos pola Serra de San Mamede coñecendo varios ecosistemas de
montaña observando bosques autóctonos e de ribeira, e tamén diferentes
problemáticas ambientais coma o efecto dos incendios, a proliferación de
pistas, etc.

Pola tarde percorreremos o Bidueiral de Montederramo, no que as cores
brancas das cortizas dos bidueiros acompañaranos durante nosa andaina.
Este bosque está catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria
dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais
importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos
mellor conservado da provincia de Ourense.

PROGRAMA:

Domingo 18

10:00 h. Saída en autobus do Parque de San Lázaro de Ourense.

11:00 h. As Corcerizas - Bidueiral de Montederramo

14:00 h. Xantar no Bidueiral

15:30 h. Bidueiral - Fontedoso (Montederramo)

18:00 h. Volta en autobús dende Fontedoso cara Ourense

Dificultade: media-baixa.

Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, protección solar,
impermeable por se chove, comida e bebida para a andaina .

Inscricións ata as 14:00 horas do venres 16 de maio nos teléfonos 988
374 318 (Amigos da Terra)

e 988 228 500 (Casa da Xuventude).

Está actividade é de balde. Animadevos
Publicar un comentario en la entrada