Andaina popular de Allariz 08

A Andaina popular de Allariz celebrouse por primeria vez no ano 1998, dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando hoxe en día un tope de 800 persoas incritas e con moitos persoas sen praza.

A Andaina de Allariz “50 quilómetros en 12 horas“ é unha iniciativa ca que se prentende familiarizar ós participantes neste tipo de proba longa, a máis de potenciar e dinamizar este fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores.

1.- ORGANIZACIÓN
A proba está organizada polo Concello de Allariz.

2.- INSCRICIÓN
Poderá realizarse en:
- Piscina Municipal de Allariz (R/ Vilanova, Allariz)
Teléfono e fax: 988442083

- Base: Redonet (Rúa Ervedelo, 21 - Ourense)
Teléfono: 988222692 - Fax: 988225960

- Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 2080-0211-60-0040000016 que o Concello ten na sucursal de Caixanova, na rúa Pepe Puga,13, de Allariz.

para que a inscrición se faga efectiva deberase enviar por fax ou carta tanto o xustificante de ingreso como a ficha de datos.

- As datas de inscrición serán do 1 ao 16 de maio
- O número máximo de participantes é de 1000. No intre de alcanzar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións.
- O prezo é 15 euros.

- Información: piscina@allariz.com e Tlf. 988 44 20 83

3.- SAÍDA
Farase dende a Alameda de Allariz na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

4.- ROTEIRO
Estará convintemente sinalado, para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con frechas de cor verde cada 50 metros para que non haxa ningunha posibilidade de perda.

5.- AVITUALLAMENTO
Ó longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados en:
1.- Pumares, km. 8: auga e froita
2.- Allariz, km. 16: auga, froita e empanada
3.- Vilar de Flores, km. 23: auga
4.- Turzás, km. 27: auga, coca cola, froita e empanada
5.- Allariz, km. 38: auga, coca cola, froita e empanada
6.- Queiroás Grande, km. 44: auga. Coca cola e froita

6.- MASAXISTAS
Dende as 13,00 h haberá masaxistas en Allariz.

7.- CONTROIS E CUALIFICACIÓNS
Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento. Tódolos camiñantes que fagan a proba nun tempo de ata 12 horas terán a condición de clasificados. Farase entrega dunha camiseta alusiva da proba.

IMPORTANTE: Levarase o carné de participante en todo momento para o seu control na saida e nos puntos intermedios de cada etapa + info
Publicar un comentario en la entrada