II edición do Maratón-Andaina do Miño 08

A Asociación de Traballadores Autónomos de Ourense (AEPA) en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO), organizan a 2ª edición do Maratón-Andaina do Miño, que terá lugar o domingo 28 de setembro de 2008 e contará con 42 km 195 m de percorrido.

O maratón é unha disciplina deportiva atlética, que debido á súa duración, tanto en distancia como en tempo, esixe ao maratoniano, unha preparación, constancia e esforzo que encaixa perfectamente cos parámetros dun traballador autónomo, que busca sempre novas metas.

O Maratón do Miño é o primeiro maratón que se disputa na cidade de Ourense e discorre polo contorno natural do río Miño e os arredores. As pistas que rodean as marxes do río son idóneas para gozar da beleza da paisaxe, e o percorrido polo casco histórico permite obter unha visión idónea da cidade. Intenta ser unha competición que apunte a vivir unha celebración deportiva na que calquera poida intervir; as características do seu percorrido propician este feito e promoverán que en cada edición se vaian sumando novos adeptos de distintas idades e de diferentes países.

Esta maratón-andaina polo novidoso das modalidades:
- Maratón
- Andaina
- Maratón por relevos
- Andaina por relevos

Desenvólvese así un programa pioneiro en Galicia que permite a participación de distintas formas: correndo, andando e por relevos, feito que abre un abano moi amplo para obter unha grande participación e ademais poder participar en equipo.

+ info


Publicar un comentario en la entrada