XI Andaina de Allariz

Máis de 700 persoas tomaron parte na 'XI Andaina de Allariz' sobre un percorrido de 50 quilómetros. Un total de tres etapas que ofreceron aos participantes a oportunidade de gozar coa paisaxe e a riqueza monumental das terras alaricanas.
A 'XI Andaina de Allariz'

O tempo acompañou. Se nas xornadas anteriores a chuvia fora a nota protagonista na provincia e especialmente en Allariz, nesta ocasión permitiu aos máis de 700 participantes na 'XI Andaina de Allariz' gozar dunha xornada senderista na que á esixencia propia dos 50 quilómetros contemplados pola organización non se uniu o trebón habitual de últimos días.

Con saída na Alameda de Alariz, os participantes cubriron os 50 quilómetros de percorrido en tres etapas, a primeira con Puma res como eixe, a segunda con centros de avituallamento en Vilar de Flores e Turzás, e a terceira en torno a Queiroás Grande.

Entre os andarines, xente de todas as idades e procedente de toda Galicia, norte de Portugal, Castilla e León, Valencia ou País Vasco. Dende as 13,00 horas, un grupo de masaxistas atendeu as necesidades dos participantes na Alameda.

Podes consultar as fotos publicas no diario La Región na sua versión dixital e a Taboa de Tempos oficial
Publicar un comentario en la entrada