II ANDAINA SAUDABLE "DESCUBRIR PIÑOR"


Data: 17 de maio


Horario: A camiñada comezará 
as 10.00, saíndo da praza do 
Concello en Piñor e tendo que 
estar no punto de saída 30 
minutos antes para a recollida de dorsais. 

Ruta: Transcorrerá polos pobos do concello de: Piñor, Albarona, Lousado, 
Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán. Pasaremos por lugares cargados de historia, como a fábrica de papel de Lousado, ou a ruta dos arrieiros o seu paso polo norte do concello, lugares dun gran valor etnográfico, como os Muíños de Lousado ou os múltiples cabaceiros de Barrán, e zonas dunha gran importancia paisaxística como a Fervenza da Fareixa, a Fervenza do Peilán e o Pozo da Area, entre outros moitos. 

Distancia: 15 km cunha dificultade media Ó longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento, un cada 4 km. (aproximadamente).  Tras a camiñada haberá un xantar saudable para repoñer forzas. Establecerase un máximo de 200 participantes.  Os interesados poderán inscribirse gratis no e-mail pinortur @ gmail.com ou no Tlf. 988 40 33 26 ata o 15 de maio. 
Publicar un comentario en la entrada