VI Andaina Tudense

Como todos os anos o Club Atletismo Tui organiza a Andaina Tudense, que partirá ás 10 da mañá da Corredoira, o próximo 9 de maio. Nela percorreran o casco vello de Tui, as ribeiras do Miño e o Parque Natural do Aloia.

Pasarán por sitios interesantes como os Muiños do Tripes, o arboreto, o viveiro Central de Areas, a Ponte Vella...

A Andaina rematará cunha chourizada e música en directo no Paseo da Corredoira e unha carreira de aros, que despois de moito preguntar e non atopar outra igual denominan "Campionato mundial de carreira de aros".

Todo isto con avituallamentos: froita, bebida isotonica, auga,.... e viño, en varios lugares e con comida (empanada, rosca, froita...) na cima do Aloia.

O prezo como todos os anos é de 12 euros que inclue todo o anterior, unha camisola conmemorativa e agasallos.

+info

Publicar un comentario en la entrada