2ª Andaina por Lumeares

Este sábado, 16 de maio, a asociación de Veciños "Lumeares comomires" organiza a 2ª edición da Andaina por Lumeares. O percorrido é semellante ó do ano anterior: saída dende a Teixeira, paso pola Cruz (visita o cruceiro), pena do Corvo (donde hai esa vista da desembocadura do Caldelas no Sil) e dende ahí baixase por un sendeiro pola marxe do Caldelas, cruzándoo en dirección Abeleda. Aquí collemos un sendeiro moi bonito sendeiro ata o Mosteiro de S Paio, e posteiormente pasaremos por Sta Tegra, baixando ata o Río dos Vaos onde veremos o Cachón. Esta é a parte dura da rota, a súbida pola Carosa, practicamente igual ao ano pasado.

Ó remate haberá unha comida.
A inscrición custa 5 €.

Para inscribirse hai que chamar ós teléfonos 689 433 425 ou 678 856 183.

+ info en http://pontelouco.blogspot.com/
Publicar un comentario en la entrada