3ª ANDAINA CONCELLO DE ESGOS 2009 E 3ª SUBIDA ROCAS

DATA: Domingo 12 de Xullo de 2009
ORGANIZA: Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces

NOME DAS PROBAS:
Carreira de montaña: "3ª SUBIDA ROCAS - O EIRADO"
Carreira: CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA
Andaina: 3ª Andaina Popular Concello de Esgos

SAÍDA:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
Andaina: 09.30
Carreira: 09.45
As 08.30 comezarase a repartir os dorsais

CHEGADAS:
Carreira: O Eirado
Andaina: Esgos

DISTANCIA:
Carreira: 13 Km.
Andaina: 21 Km.

PERCORRIDO DA ANDAINA
Este ano a andaina discorrerá en sentido contrario a carreira
Sairemos da Praza da Souteira [582m.] (fronte a casa do concello) e dirixirase ao pobo de As Meiroás.Avituallamente líquido
Iremos cara o pobo de Pardeconde. Avituallamente líquido
De Pardeconde subiremos a Virxe do Monte[962m.](punto máis alto da andaina). Avituallamente líquido e sólido
Baixaremos a Esgos polo mesmo percorrido por onde subiu a carreira, pasando polos pobos: Arcos, Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Meiroá.


PERCORRIDO DA CARREIRA
Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "CAMIÑO REAL". Homologada PR-G4)
Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
Subida ata a estrada asfaltada
Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "CAMIÑO NATURAL DA RIBEIRA SACRA" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
A proba finalizará no Eirado. Avituallamente líquido e sólido.


Publicar un comentario en la entrada