1ª ANDAINA CONCELLO DE AVIÓN

SAÍDA: A andaina terá lugar o domingo 23 de agosto. A saída será dende a Praia Fluvial de Avión, ás 9:00 horas, sendo preciso personarse no punto de saída 30 minutos antes do inicio da andaina.

CUOTAS: A cuota será de 10 €. O prezo inclúe avituallamento e unha camiseta conmemorativa.
ROTEIRO: Estará sinalado cunha distancia máxima de 1.000 metros entre sinais e ao longo do percorrido haberá persoal da organización para axudar e informar. A ruta terá unha distancia de 17,5 kilómetros.
PARTICIPANTES: Poderán participar persoas de tódalas idades. Os menores que asistan deberán ir acompañados dun adulto.
INSCRICIÓN: A inscrición terá o prezo de 10 €uros e dará dereito a unha camiseta conmemorativa, avituallamentos, bocadillo e bebida. A inscrición deberá realizarse antes do 20 de agosto e poderá realizarse das seguintes formas: 1.- Directamente no Concello de Avión (988 48 60 00), na Biblioteca Municipal (988 48 62 88) ou no Pavillón Polideportivo. 2.- Por Fax, da seguinte maneira: a) Realiza-lo ingreso do importe da inscrición (10€), na conta 0072 0317 00 0000101628 do Banco Pastor, ata o día 20 de agosto. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persona inscrita.b) Cumprimentar a seguinte inscrición, e remitila ao Concello xunto co resguardo do ingreso por Fax ao 988 49 07 05c) Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello por correo electrónico, por Fax o por Teléfono.
Publicar un comentario en la entrada