III Maratón-Andaina do Miño

A Asociación de Traballadores Autónomos de Ourense (AEPA) en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO), organizan a 3ª edición do Maratón-Andaina do Miño, que terá lugar o domingo 18 de outubro de 2009 e contará con 42 km e 195 m de percorrido no caso do martón e aproximadamente 28 na andaina.

O Maratón do Miño discorre polo contorno natural do río Miño e os arredores. As pistas que rodean as marxes do río son idóneas para gozar da beleza da paisaxe, e o percorrido polo casco histórico permite obter unha visión idónea da cidade. Intenta ser unha competición que apunte a vivir unha celebración deportiva na que calquera poida intervir; as características do seu percorrido propician este feito e promoverán que en cada edición se vaian sumando novos adeptos de distintas idades e de diferentes países.

Esta maratón-andaina ten varias modalidades:

- Maratón
- Andaina
- Maratón por relevos
- Andaina por relevos

Desenvólvese así un programa pioneiro en Galicia que permite a participación de distintas formas: correndo, andando e por relevos, feito que abre un abano moi amplo para obter unha grande participación e ademais poder participar en equipo.

+ info

Publicar un comentario en la entrada