III Andaina Saudable: Descubrir Piñor

DOMINGO 25 DE OUTUBRO DE 2009
Ruta larga: 15 km
Ruta corta: 10 km
Dificultad: media
Saída: Antiga Escola de Cotelas – Piñor
Hora: 10:00 h tendo que estar no punto de saída 30 minutos antes para a recollida de dorsais.

A camiñada transcorrerá polos seguintes pobos: Cotelas, Mirela, Villeriño, A Folgosa, Guimarás, Freás e rematará en Cotelas, pasando a carón dos ríos Silvaboa e Mirela.

O sendeiro contará con varios puntos de avituallamento e ademais ó rematar os participantes contarán cun xantar saudable.

Despois da comida celebrarase a entrega de premios ó participante de maior idade e ó que máis se aproxime ó tempo estimado pola organización. Tamén farase un sorteo de varios agasallos, como vales para unha cea para dúas persoas no Restaurante Ateneo e no Caserio de Torguedo e unha estancia nos Apartamentos Turísticos de Freás As Casiñas da Avóa Carlota.

Por outra banda, realizarase o III Concurso Fotográfico, que terá como tema central destacar os valores humanos, deportivos, organizativos, culturais e paisaxísticos da camiñada, dos participantes e da xente, así coma os matices e cores propios da paisaxe en outono.

Para o correcto control da marcha e o correcto uso do medio natural establecerase un máximo de 250 participantes.

Os interesados poderán inscribirse gratuitamente ata o 23 de outubro no e-mail pinortur@gmail.com, chamando ó 988 403 236 /17 ou no mesmo Concello.
Para máis información consultar a web do concello www.piñor.es
Publicar un comentario en la entrada