II Andaina Roteiro por Terras de Cortegada

Sinopse da proba
• Terá lugar o vindeiro domingo 8 de novembro de 2009 con saída ás 09:00
•O punto de partida estará situado na Praza Buenos Aires. Chégase desde Ourense pola A-52 ata Ribadavia
*(non coller saída de Cortegada na a-52) seguiremos dirección Francelos e Filgueira, logo colleremos a segunda entrada a Cortegada ata cegar ao centro da vila. Tamén haberá autobuses con saída as 07:30 dende o Parque de San Lázaro
•O remate os participantes disporán de servicio de duchas e dun xantar no lugar da meta (Pavillón polideportivo Marta Míguez de Cortegada). Ademais, servicio de Fisioterapia para os lesionados a cargo de AFISEC.
•Para poder optar a este xantar é imprescindible realizar a camiñada ou algún tramo da mesma
Percorrido
•Vaise realizar sobre unha distancia de 23,500 quilómetros, e constará dun tramo único de forma circular.
•Partimos dende o Praza Buenos Aires dirección a ruta de sendeirismo – a Barca – San Benito – Seixomil – Refoxos – Valongo – Peralba – Vilanova da Barca e Cortegada. 23,500 Km.
•Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatoario o paso polos controis establecidos pola organización.
•O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo. En caso de lesión queimpida chegar a dito punto o deberase chamar ao teléfono de asistencia médica (616 56 89 33)
•O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.
Inscrición
•Poden realizarse directamente no concello de Cortegada 988 483 001, e nas tendas de deportes: Prol Sport, Arana Sports, Zagora Aventura e Intersport Bouso.
•Os participantes que se inscriban no número de conta (2080 0294 87 0040005079 Caixanova), deberan enviar unha copia do xustificante de pago por fax o concello 988 483 217, así coma chamar por teléfono para confirmar.
•Prezo da inscrición sera de 10 Euros se viaxas en autobus e 7 euros para o resto, no prezo incluese: dereito a bolsa conmemorativa, comida e
avituallamento.
•O reparto de dorsais ralizarase na saída o mesmo dia da proba a partir das 08:00 da mañan.
•As tendas de deportes recollerán inscricións ata o día 4 de novembro.
•No concello de Cortegada poderá solicitarse ata o dia 5 de novembro.
•En ámbolos dous casos recolleranse inscricións ata cheagar 400 participantes

+ INFO
Publicar un comentario en la entrada