Andaina pola defensa do Galiñeiro

Data.- Domingo, 20 de febreiro de 2011.

Hora.- Ás 10,00 h iníciase a andaina.
O remate da actividade está previsto entre as 13,00 e 14,00 h
Actividade.- Paseo por unha pista forestal que rodea a serra do Galiñeiro para solicitar a protección da serra e sensibilizar contra o proxecto de parque eólico. Foto con pancarta no vértice xeodésico.
Trátase de sensibilizar diante do proxecto de instalación dun parque eólico nun espazo de interés natural, paisaxístico, arqueolóxico que debería gozar da integración nalgunha figura de protección (por exemplo integrándoo no parque natural do Aloia).
Convocantes.- “Plataforma pola defensa do Galiñeiro”, integrada por 20 entidades, de carácter social, cultural, deportivo, de defensa da natureza, etc.
Organización.- Club Montañeiro Celtas e Club Pena Trevinca, xunto coa plataforma.
Inscrición.- Non compre realizar inscrición.
Máis información: Na web do Club Montañeros Celtas.-
Publicar un comentario en la entrada