VIII Andaina Ourense Capital Termal

A 8ª Andaina "Ourense Capital Termal", celebrarase o domingo 20 de marzo (*modificada a data de celebración, anteriormente estaba programada para o día 13 de marzo) a partir das 9 horas, con saída e chegada nas Termas de Outariz. O percorrido será de 28 quilómetros e discorrerá pola beira dos ríos Miño e Loña, atravesando lugares emblemáticos da cidade como son o Castro de Santomé, o Camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos, e fundamentalmente pola zona termal do Río Miño, polas termas do Muíño e de Outariz, que lle dan nome á proba e proporcionan á Andaina un espírito de sosego e paz.

INSCRICIÓN: O custo da inscrición é de 6€, deberá de facerse efectivo na máquina expendedora do Pavillón dos Remedios ou nas contas bancarias de Nova Caixa Galicia:
2080 0260 82 0040074423
2091 0450 47 3110002450
Co comprobante de pagamento realizarase a inscrición en :
Pavillón dos Remedios
Rúa Pardo de Cela, 2
32003 Ourense (tlf. 988 370 539)
Deportes Redonet
Rúa Ervedelo, 21
32002 Ourense (tlf. 988 222 692)
No momento de realizar a inscrición, os participantes recibirán o número de dorsal e un polo ou camiseta conmemorativa da proba.
Data de inscrición: do 28 de febreiro ó 11 de marzo
Número de participantes: máximo 500
Idade mínima: 16 anos
SAÍDA E CHEGADA: Saída: Ás 9 horas das Termas de Outariz.
É preciso estar na saída quince minutos antes do comezo da proba.
+ info
Publicar un comentario en la entrada