Andaina Plataforma pola Saúde

Día da andaina: DOMINGO, 1-MAIO-2011 (Maside)

Características do percorrido

O percorrido será repartido en 2 rutas. Os participantes poderán elixir entre facer un, ou o percorrido en total. A 1ª ruta comezará as 9:00h e constará de 15 Km, a segunda as 11:00h e serán 5Km.
O recorrido transcorre por camiños, pistas forestais, e asfalto para xente que desexa gozar dunhas horas nun fermoso contorno natural.
Participantes:

Aconséllase levar unha pequena mochila con útiles, como: chuvasqueiro, gafas, cremas, tiriñas, viseira e calzado que suxeite ben o pé.
Habrá puntos de avitullamento no percorrido e ó remate da andaina haberá un pequeno aperitivo no Campo da Festa do San Pantaleón.
A organización:

O punto de encontro tera lugar no Campo da Festa do San Pantaleón (GARABAS-MASIDE-OURENSE). As persoas que se apunten o 1º percorrido, teran que estar alí as 8:30h; as que vaian o 2º teran que estar as 10:00h
Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero os organizadores non se farán responsables dos danos que poidan sufrir os participantes.
Os menores de 14 anos terán a obriga de ir acompañados por adultos.
Poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o mellor desenrolo da proba.
Como facer a proba:

A organización posibilita facer 2 percorridos:
Recorrido 15km: Faquín - O Bolo - San Facundo - Moriz - As Fontaiñas - Garabás - Mundín - Faquín
Recorrido 5km: Faquín - O Bolo - Garabás – Mundín - Faquín

Inscricións:

O prezo da inscrición será de 5€ a ingresar en Nova Caixa Galicia, ccc nº2080-0175-46-0040008130, ou no lugar de saída. Necesario presentar comprobante de ingreso ou transferencia para recoller o dorsal e unha camiseta.
Para contactar e máis información un correo a polasaude@gmail.com
Publicar un comentario en la entrada