Andaina Valnatura


A 1ª Andaina Valnatura pola "Senda Verde do Xares" na Veiga (Ourense) celébrase o próximo sábado 25 de xuño de 2011 a partir das 09:00 horas, con saída e chegada na Praia dos Franceses.
O percorrido, que é circular, ten unha lonxitude de 34 Km e presenta unha dificultade media. Vai bordeando o Encoro de Pradaatravesando os pobos da Veiga, Casdenodres, Castromarigo,Candeda, Medo, Prada, Corexido, Vilaboa e Santa Cristina.
O traxecto faise por vellos camiños en total contacto coa natureza. O patrimonio cultural e etnográfico tamén é salientable en moitas zonas polas que pasa destacando a arquitectura popular de alta montaña.
REGULAMENTO. -
Inscricións. -
- O custo da inscrición é de 7 € (público en xeral) e de 5 € (socios de Valnatura). Poderá realizarse en:
Asociación Valnatura, Praza José Luís Núñez, 8 baixo, Villamartín de Valdeorras (Ourense).
Concello da Veiga (Ourense).
Facendo un ingreso no seguinte número de conta:
2100 4346 01 0200055473 A CAIXA
Poñer nome, apelidos, DNI e no concepto "Andaina Valnatura". O xustificante de pagamento pode entregarse o día da Andaina, mandar copia por fax ao n.º 988 300 082 ou ao correo: info@valnatura.org.
- A data límite para inscribirse será o mércores 22 de xuño.
- O número máximo de participantes será de 200.
- A cada participante entregaráselle unha camiseta conmemorativa da Andaina.
- Ao finalizar esta haberá unha picada e un sorteo de obsequios para todos os participantes (entrasen dentro do sorteo co número de número que se lle asigne).
Saída e Chegada. -
- A saída será dende a "praia dos franceses" (A Veiga) ás 09:00 horas sendo preciso comparecer 30 minutos antes do inicio da proba para a entrega do número e da camiseta conmemorativa.
- Como se trata dunha ruta circular, a chegada será ao mesmo lugar de partida. A hora de finalización desta Andaina está prevista para as 19:00 horas.

Publicar un comentario en la entrada