XIV Andaina de Allariz


ORGANIZA:
Concello de Allariz.
DATA DE CELEBRACIÓN: sábado 28 de maio de 2011
INSCRICIÓN: Poderá realizarse en:
- Piscina Municipal de Allariz (R/ Vilanova, Allariz)Teléfono e fax: 988442083
- Redonet (Rúa Ervedelo, 21 - Ourense) Teléfono: 988222692 - Fax: 988225960
- Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 2080-0211-60-0040000016 que o Concello ten na sucursal de Novacaixagalicia, na rúa Pepe Puga,13, de Allariz.
- As datas de inscrición serán do 09 ao 22 de maio
- O número máximo de participantes é de 1000. No intre de alcanzar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións.
- O prezo é 15 euros.
- Información: piscina@allariz.com é Tlf. 988 44 20 83
SAÍDA: Farase dende a Alameda de Allariz na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.
AVITUALLAMENTO: Ó longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados en:
1.- Pumares, km. 8: auga e froita
2.- Allariz, km. 16: auga, froita e empanada
3.- Vilar de Flores, km. 23: auga
4.- Turzás, km. 27: auga, coca cola, froita e empanada
5.- Allariz, km. 38: auga, coca cola, froita e empanada
6.- Queiroás Grande, km. 44: auga. Coca cola e froita
IMPORTANTE: Levarase o carné de participante en todo momento para o seu control na saida e nos puntos intermedios de cada etapa

Incorpóranse este ano novidades en canto ó percorrido. A primeira etapa aumenta dous kilómetros para pasar pola recentemente rehabilitada aldea de San Salvador. O aumento nesta etapa fai modificar tamén a segunda que reducirá o seu percorrido en dous kilómetros, antes con 22 km e agora con 20 km.


Triptico XIV Andaina 2011 en PDF
Publicar un comentario en la entrada