III Andaina de Armariz

"III Andaina de Armariz", que se celebrará o 7 de agosto, con
saída desde o Souto de San Ramón, Armariz, Nogueira de Ramuín (Ourense)

Andaina de 8 quilómetros de lonxitude e de dificultade sinxela, organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz.

A inscrición é de 3 euros (2 para os socios da Asociación) e inclúe bocadillo e froita ao rematar a carreira, así como a participación no sorteo dos agasallos doados polas casas patrocinadoras.

Inscricións nos locais da Asociación de Veciños en Armariz, na Oficina de Turismo de Luintra, no Café Marbella de Ourense ou no teléfono 617 375 387 (Óscar).

Publicar un comentario en la entrada