Marcha "Regala un bosque"


Lugar: Ribadavia 11 de setembro de 2011

Regalaunbosque.org é un proxecto 100% solidario que a través do deporte quere concienciar a poboación das consecuencias que xeran os incendios nos nosos bosques. Isto conséguese a través da organización dunha carreira (10 qms.) e unha marcha de montaña (5 qms.) na zona ou bosque onde tivo lugar un incendio forestal.

Os participantes pagarán un total de 8 euros, se se inscriben a través da páxina web www.regalaunbosque.org, ou 10 euros se o fan o mesmo día do evento. O 100% da recadación destinarase a unha entidade local que se encargará dos labores de reforestación da zona. O obxectivo principal é que os participantes "regalen" á súa comunidade local a reforestación da súa zona devastada polo lume.

As inscricións poderán formalizarse a partir das 9 da mañá na Praza Maior de Ribadavia. Ás 11 horas empezarán a carreira e a marcha onde se calcula que terán aproximadamente unha duración dunha hora.

Publicar un comentario en la entrada