Camiñada Terras de Cortegada


Camiñada "Roteiro por terras de Cortegada": Terá lugar o vindeiro domingo 30 de outubro de 2011 con saída ás 9:00 horas.
O punto de partida estará na rúa Bouza Brey (inmediacións gasolineira). Chégase dende Ourense pola A-52 ata Ribadavia, *(saída 252) seguiremos pola OU-801 dirección Filgueira. Colleremos a segunda entrada a Cortegada ata chegar ao centro da vila. Unha vez alí dirixiremonos dirección rúa Bouza Brey entrega de dorsais.

Ao remate os participantes disporán de servizo de duchas e dun xantar no lugar da meta (Pavillón Marta Míguez).
Para poder optar a este xantar é imprescindible realizar a camiñada ou algún tramo da mesma.

PERCORRIDO
Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 24,500 quilómetros, e constará de un tramo único de forma circular. Haberá dúas variantes optativas que reducen o trazado en 8 e 1 quilómetros respectivamente.

INSCRICIÓN
Poden realizarse cumprimentando o boletín adxunto e despois:

Entregándoo directamente nas tendas de deportes: Prol Sport, Zagora Aventura, Intersport Bouso, Arana Sport, Xixo Sport, Glotón, Nauta Sport e Deportes Moncho ata o día 26 de outubro.

No Concello de Cortegada
Realizar o ingreso do importe da inscrición (8 €), na conta
2080 5294 73 3110005079 de Novacaixagalicia, ata o día 28 de outubro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

Entregar o boletín cumprimentado no Concello en horario de 9:00 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, ou remitilo ó Concello por fax (988 483 217) xunto co resgardo do ingreso, neste caso deberá agardar confirmación da reserva por parte do Concello.

O prezo da inscrición será de 8 € e dará dereito a un regalo conmemorativo, avituallamento, comida e sorteos.

DORSAIS
• O reparto de dosais realizarase na saída (Rua Fermín Bouza Brey) o mesmo día da probra a partir das 8:00 da maña.
• Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na mesma saída, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 500 participantes.
• Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

+ info: Concello de Cortegada
Publicar un comentario en la entrada