A Senda da Memoria



A Senda da Memoria é unha andaina solidaria non competitiva que se celebra por terras do Concello de Nogueira de Ramuin o sábado día  26 novembro  de 2011.
A andaina partirá da praza de Lintra ás 9:30 h. tendo os participantes que retirar os seus dorsais,mediante a  presentación do xustificante de ingreso, 30´antes da saida. A distancia do percorrido integro é de 20 qms.contemplándose un trazado alternativo de aprox. 10 qms. para quen decida non realiza-la proba na súa 
totalidade.
A participación queda establecida en 200 persoas como máximo. 
As follas de inscrición poderanse descargar na páxina web www.nogueiraderamuin.com  remitíndose cumprimentadas xunto co xustificante de ingreso da cuota ao fax: 988 201 120 ou ao correo electrónico: cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com ou entregándoas nos establecementos colaboradores Turini sport e Red-1. deportes.
A cota de inscrición fixase en 6 euros por participante, o ingreso das cotas deberanse realizar no número de conta:  2080 0437 51 3040002592, ata o dia 23 de novembro.
O mesmo día da proba admitiranse inscricións sempre que non estea cuberto o número de participantes establecido.
Dos 6 € de cada cota de participación, 4 € irán destinados a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Ourense "Afaor" e  2 € para gastos de organización.
Publicar un comentario en la entrada