II Andaina Concello de Ames



O vindeiro domingo 22 de xaneiro levarase a cabo a II Andaina Concello de Ames co lema “Camiña pola conservación do río” e coa finalidade de ofrecer unha nova ruta neste municipio e de concienciar ás persoas da importancia de colaborar no mantemento e conservación do entorno natural. A II Andaina Concello de Ames partirá ás 11.00h do aparcamento de Carrefour que está a carón do paseo fluvial de Bertamiráns para facer un percorrido aproximado de 6 quilómetros. As incripcións deben facerse ata o venres día 20 de xaneiro no departamento de medio ambiente situado na Casa do Concello, nos teléfonos 660 004 665 ou 662 377 544 entre as 9.00h e as 21.00h ou no correo electrónico medioambiente@concellodeames.org
Publicar un comentario en la entrada