Rutas Culturais 2012-13 Universidade de Vigo

QUE É RUTAS CULTURAIS?
Un programa de rutas para descubrir a pé algúns dos lugares con máis encanto da paisaxe natural galega, con recoñecemento de créditos.

INSCRICIÓNS:
Prazos: A partir do 1 de outubro e ata o martes anterior a cada saída.
Lugar: Servizo de Deportes dos campus de Vigo e Pontevedra e SIOPE no Campus de Ourense.

PREZOS:
1 ruta: membros da comunidade universitaria 10 €; persoas externas 15 €.
5 rutas: membros da comunidade universitaria 40 €; persoas externas 60 €.
11 rutas: membros da comunidade universitaria 85 €; persoas externas 125 €.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Formulario de inscrición (2 copias)
- Dúas copias do xustificante de ingreso (Novagalicia Banco. Código 26).
- Xustificante de pertencer á comunidade universitaria (resgardo de matrícula, nómina etc.)*.
- Cuestionario de aptitude para a actividade física*

* As persoas que xa entregaran esta documentación este curso académico non será necesario que a volvan a achegar.

VANTAXES:
Ao inicio de cada ruta celebraranse entre as persoas participantes sorteos de material diverso.
Por cada tres rutas, concederase 1 crédito ECTS ou 2 créditos de libre configuración, ata un máximo de 2 créditos ECTS ou 4 de libre configuración.

HORARIOS:
As saídas serán desde Ourense na cafetaría Bekas, ao lado do campus; en Pontevedra das proximidades do Cafetín da Alameda; e en Vigo da antiga Reitoría da rúa do Areal.

Programa de Rutas Culturais do Servizo de Deportes. Curso 2012-2013


Publicar un comentario en la entrada