6ª Carreira-Andaina Popular do Turrón

Nome da Proba: 6ª Carreira-Andaina Popular do Turrón (O Barco de Valdeorras)
Organiza: Concello O Barco de Valdeorras.
Data: 22 de decembro de 2012.
Información: Tratarase dunha  carreira popular non competitiva, polo que poremos á vosa disposición dous circuítos sinalizados:
- Un para os máis pequenos da casa ou para aqueles cativos/as que teñan menos forzas!! (recomendable para menores de 6/7 anos)
- Outro para os/as máis decididos/as seguindo o seguinte percorrido: saída na Praza Andrés de Prada- Pérez Lista dirección á rúa xeral ata Abdón Blanco-volta á fonte do final do Malecón, regreso ata o quiosco do
Toño  e meta en Andrés de Prada onde se deu a saída, e onde se fará a chocolatada e se sortearán todos os lotes de produtos navideños. + info: Concello do Barco
Inscrición: Chamando ao 988-682496 ou pasando pola Casa da Xuventude, 3º andar.
- Enviando un mail cos teus datos a: juventudydeporte@concellodobarco.org
- Enviando un SMS ao 666358034 que poña: turrón+nome e apelidos+idade
Os clubs deportivos, colexios e asociacións poderán enviar por mail ou por fax (ao 988-682496) a relación de participantes.
Para os/as mais indecisos/as tamén haberá a posibilidade de inscribirse deste xeito:
- De 18 a 19 hrs na Praza de Andrés de Prada o propio día da carreira.

Publicar un comentario en la entrada