III Andaina Pozo do Demo

Nome da Proba: III Andaina Pozo do Demo (Verín).
Organizan: Concello de Verín e Asociación de Senderismo "Ruta das Augas".
Data: 24 de marzo de 2013.
Hora: 09.30 horas.
Saída e Chegada: Pavillón Municipal de Verín (Orense), situado na rúa Irmáns Moreno 13.

Distancia do percorrido: 18,4 Qm.
Dificultade: Media.
Información: Saída dende o pavillón municipal de Verín, a ruta discurre polo entorno natural do Parque do "Pozo do Demo", ascende ao Monte Maior (onde se poden disfrutar vistas espectaculares de Verín, do val de Monterrei e o seu castelo medieval), chega ao pobo de Vila das Meás e retorna pola zona abrupta da Fraga tras cruzar o arroio das Quintas.
Perfil da Ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2662225

Servizos:
- Vestuarios e duchas no pavillón municipal e na piscina climatizada anexa.
- Avituaiamento durante o percorrido e o final da ruta.
- Ludoteca/Gardería gratuíta para os fillos/as dos sendeiristas.
- Pincho ao remate da actividade.
- Sorteo de agasallos entre os participantes.

Información: 988.41.44.23 (Multisport), 988.41.11.40 (Pavillón Municipal), 600.41.00.18 (Asociación Ruta das Augas)

Inscricións: Dende o 1 ao 20 de marzo de 2013 (ambos inclusive).Prezo: 2 € a entregar no momento de recollida de dorsal no pavillón municipal.Por correo electrónico a calquera destas dúas opcións:  pozododemo@verin.net ou buzon@multisport.es
Recollida de Dorsais: Dende o xoves (21 de marzo) ata o domingo 24 (09.15 horas).
Publicar un comentario en la entrada