Rutas Culturais 2016/2017


O programa de Rutas Culturais está aberto non só á comunidade universitaria, senón tamén ás persoas alleas. Un total de 11 rutas por toda a xeografía galega e que inclúe unha fin de semana no Courel conforman o a programación deste curso académico. Se o teu é andar, coñecer, descubrir e empaparte da arte galega, este é o teu programa.
  
1.1 Inscricións
Dende 15 días antes e ata o xoves anterior. Inscrición Online, puntos de información no Servizo de Deportes do Campus de Pontevedra e Vigo e SIOPE no Campus de Ourense (Para bonos non será necesario tickar con anterioridade porque deberán escollerse de partida aquelas rutas nas que se pretende participar).

1.2 Tarifas
1 ruta cultural
Comunidade Universitaria: 10 €
Outros: 15 €

5 rutas culturais
Comunidade Universitaria: 40 €
Outros:75 €

11 rutas culturais
Comunidade Universitaria: 85 €

1.3 Vantaxes
Concederanse 7,5 horas ECTS por cada ruta dun día de duración e 15 horas ECTS polas de dous días de duración

1.4 Horarios e transporte
Haberá autobuses para trasladar aos participantes o inicio de cada ruta dende os Campus de Ourense (Cafetería Bekas), Pontevedra (Praza de Galicia nº5, Nakasa Interiorismo) e Vigo (Antiga Reitoría da Rúa Areal).
Para cada ruta comunicarase hora de saída (preferentemente ás 9:00 horas)

1.5 Información de interese
Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas, agás a 4, cada participante levará a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc. )
Sortearanse 2 inscricións gratuítas en cada ruta (1Campus Ourense, 1Campus de Vigo e Pontevedra) e outros agasallos. Asemade, e vista a boa acollida do 1º Concurso Fotográfico dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo, este ano repetiremos cunha convocatori por cuadrimestre.
Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue: http://roteirosuvigo.blogspot.com/ e no Facebook: Roteiros Culturais da Universidade de Vigo .


> RUTAS:

Ruta 1 RUTA OURENSE TERMAL
Data: Sábado 22 de outubro
Itinerario:Campus Universitario de Ourense – Mende – Castadón – Castro de Santomé – Loña de Arriba – Loña de Abaixo – Oira – Termas A Chavasqueira – O Tinteiro – Termas do Muíño da Veiga – Termas Outariz
Distancia:18 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe parada interpretativa no Conxunto Arqueolóxico e Natural de Santomé e baño no Balneario –  Spa Termas de Outariz. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc. e unha muda completa para o remate da xornada

Ruta 2 RUTA RUTA MUÍÑOS DA BAROSA – FERVENZA DE SEGADE
Data: sábado 5 de novembro
Itinerario: Caldas de Reis – Segade de Arriba – O Tiñoso – Parque Natural Muíños do Río da Barosa – Caldas de Reis
Distancia: 18 km
Dificultade: baixa- media 

Ruta 3 RUTA DO VAL DO NARCEA
Data: sábado 19 de novembro
Itinerario: Aula da Natureza O Campo – Mouruás – Cerdeira – Ponte Navea – Pena Folenche – San Xoán de Río
Distancia: 19 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido

Ruta 4 RUTA DA RIBERIA SACRA – MAGOSTO
Data: sábado 10 de decembro
Itinerario: Mosteiro Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil – Pombar – Cortecadela – Ermida Virxe do Monte – Arcos – Covas “A Palleira” – Área Recreativa de Loñoá (Magosto)
Distancia: 21 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe parada interpretativa no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ao remate da ruta celebrarase un Magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos de Ourense. Sorteo de agasallos.

Ruta 5 RUTA SALCEDO NO TEMPO
Data:sábado 14 de xaneiro
Itinerario: Pontevedra – San Martiño de Salcedo – Castro das Croas – Muíños e Petroglifos do Outeiro – A Esculca – Muíños da Cancela – Pontevedra
Distancia:19 km
Dificultade: baixa
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido: Salcedo no Tempo.

Ruta 6 RUTA NO VAL GLACIAR DE FORCADAS EN CHANDREXA DE QUEIXA
Data: sábado 4 de febreiro
Itinerario:Chandrexa de Queixa – Bretelo – Forcadas – Requeixo – Zamorela – O Castelo 
Distancia: 18 km
Dificultade: media – alta
Nota: obrigatorio roupa apropiada para climatoloxía e condicións de neve

Ruta 7 RUTA DO CONTRABANDO
Data: sábado 18 de febreiro
Itinerario: Vilardevós – Lamasdeite – Soutochao – Segirei – Sandim
Distancia: 19 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido

Ruta 8 RUTA POLO COUREL: DEVESA DA ROGUEIRA
Data: sábado 4 de marzo
Itinerario: Parada – Miradoiro de Polín – Devesa da Rogueira – Moreda – Parada
Distancia: 14 km
Dificultade: media

Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido

Ruta 9 RUTA AO TEIXADAL DE CASAIO
Data: sábado 25 de marzo
Itinerario: Alto do Campo – Minas de Valborraz – Teixadal Casaio
Distancia: 18 km
Dificultade: media-alta
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido

Ruta 10 FIN DE SEMANA NO PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA SERRA DO XURÉS
Data: sábado 22-23 de abril
Itinerario: 
Día 1: desprazamento, aloxamento e ruta curta – visitas interpretativas
Día 2: ruta longa e regreso
Distancia: A determinar
Dificultade: media – alta
Nota: número de prazas limitadas

Ruta 11 CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA (3ª ETAPA)
Data: sábado 13 de maio
Itinerario: Hospital – Ermida A Nosa Señora das Neves – Corcubión - Fisterra
Distancia: 20 km
Dificultade: baixa – media
Nota: ao remate da ruta existirá a posibilidade de bañarse na praia de Langosteira. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc



Publicar un comentario