HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015

Nome da proba: HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 (Vigo).
Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo
Data: 26 de Abril de 2015
Modalidade: Andaina e Carreira
Distancia do percorrido: 10 Qm
Información: Descrición: A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo, polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 quedarán inscritas automaticamente no circuíto. A andaina presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade enteira, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons.

Información xeral: A IX edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 26 de abril no Campus Lagoas – Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

Este ano o circuíto da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros. Hai dúas posibilidades de participación:

10K (dúas voltas ó circuíto)

5K (unha volta ó circuíto)

Andaina: Nesta edición organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

Horarios:

Andaina:

09.00 h - 09.30 h > Acreditación para a andaina: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
09:30 h > Saída da andaina: dende a Praza Miralles.

Carreira:

9.30 h - 10.30 h > Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
11:00 h > Saída da carreira: dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA - Vigo).
Entrega de premios e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño.

Máis información en: http://www.deportes.uvigo.es/outras--ppvantaxes-p/eventos/happy-go-running/

Inscripción: As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina.
Efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina de www.championchipnorte.com.
O prazo estará aberto dende o 2 de marzo ata as 23:59 h do martes 21 de abril.

Límite de prazas: Carreira: 900 prazas. Andaina: 200 prazas

Taxas: Carreira 10-5km :

Comunidade universitaria Uvigo: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF).

Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 solidario con UNICEF).

Andaina: Persoas en xeral: 3 €
Publicar un comentario en la entrada