II Andaina Terras de Altamira - Brión

Nome da proba: II Andaina Terras de Altamira - Brión (Brión)
Organiza: Asoc. O Esquio no Piñeiro e Piscina Cuberta Municipal de Brión
Data: 16 de Mayo de 2015.
Modalidade: Andaina
Distancia do percorrido: 50 Qm
Información: Por segundo ano consecutivo vaise celebrar a andaina Terras de Altamira - Brión 50 Qm o vindeiro sábado 16 de maio de 2015. Logo dunha primeira edición caracterizada polo enorme éxito de participantes, a segunda andaina volve con gañas de consolidarse. A idea xurdiu da xuntanza e do amor polo medioambiente e o deporte da Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO coa que colabora a Piscina cuberta municipal de Brión.

A proba de 50 Qm volvese a distribuir en 3 aneis (14, 22 e 14 Qm) que o andarego pode facer cada un independentemente ou combinalos segundo a capacidade física do participante.

A andaina pretende dar a coñecer os bonitos paraxes que podemos atopar en Brión. Percorreranse sendeiros a través dos montes, a carón dos Rios Sar e Tambre, veremos fervenzas, castelos e unha morea de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante da ruta.

O punto neurálxico da andaina será a CARBALLEIRA DE SANTA MINIA, punto no que comezan e rematarán cada un dos tres aneis. A saída xeral para os participantes que desexen realizar o primeiro anel ou os 50 Qm totais será as 9:00 hrs. O restos dos horarios iranse colocando nesta mesma web antes da data de realización da proba.
Durante a andaina haberá avituallamentos tanto líquidos como sólidos, así mesmo estableceranse duas zonas con "avituallamentos mais abundantes" co cal non será necesario que os participantes carguen con comida nin bebida para o mediodía.
Inscripción*: NA WEB: http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/
PRESENCIALMENTE: Na piscina cuberta Municipal

- Dende o 15 de MARZO AO 15 DE ABRIL: 10€ por participante
- Dende o 16 ao 30 ABRIL: 14€ por participante

PRAZAS LIMITADAS: 500 PARTICIPANTES

A INSCRICIÓN INCLUE

- BOLSA DO CORREDOR COMPOSTA DE:
- Camiseta técnica
- Bolsa
- Dorsal
- Imperdibles
- AVITUALLAMENTO SÓLIDO E LIQUIDOS
- Auga
- Bebidas Isotóncias
- Froitas
- Bocadillos
- SERVIZO DE
- Duchas
- Piscina Cuberta
- Recollida en caso de accidente ou lesión
- Servizos médicos de primeiro alcance
- Aparcamento
Publicar un comentario