Andaina solidaria a favor da Asociación Ourensana de Hemofilia

Nome da proba: SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN OURENSANA DE HEMOFILIA
Organiza: ASOCIACIÓN OURENSANA DE HEMOFILIA
Data: 10 de maio de 2015
Modalidade: Andaina
Distancia do percorrido: 10 Qm
Información: A Asociación Ourensana de Hemofilia, realizara, os 10 Qm dende o parking do Campo da Feira de Ourense (preto das Termas da Chavasqueira), ata volver outra vez o Campo da feira.  A saída darase o domingo 10 de maio do 2.015 as 10:00 da maña. Saírase dende o parking do Campo da Feira, as 10:00 horas da maña para despois continuar ata as termas da Chavasqueira, continuando o traxecto ata a Ponte Romana. Unha vez alí, cruzamos a Ponte para continuar polo paseo das ninfas, pasando pola Fonte de Reza e proseguindo o camiño pola área recreativa. Seguimos a nosa ruta pasando pola pasarela de Outariz ata chegar as Pozas de Outariz e Burgas de Canedo, e un pouco máis adiante ata as Termas de Outariz. Continuamos o percorrido polas termas do Muíño, ata chegar outra vez o Campo da Feira. Preveese que a chegada será sobre as 12.30 horas.
Máis información chamando ao 988 38 53 80 ou 676 98 10 14, enviando un correo electrónico a hemourense@yahoo.es ou no local de la asociación sito no COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Calle Ramón Puga, nº 54- 9º PLANTA (edificio materno-infantil)
Inscripción: 5 euros
Publicar un comentario