II Andaina polos montes de Vigo

Nome da proba: II Andaina polos montes de Vigo
Organiza: Concello de Vigo, Mancomunidade de Montes de Vigo, Eroski Center e El Corte Inglés
Data: 17 de maio de 2015
Modalidade: Andaina
Distancia do percorrido: 34 Qm
Información: A IIª Andaina polos montes de Vigo consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven. Tamén busca pór en valor dun patrimonio natural e paisaxístico excepcional co que conta o municipio e que cómpre coñecer para saber darlle un uso recreativo dende o respecto e a conservación. Como non, tamén é unha invitación á realización de exercicio físico como xeito de manter hábitos saudables.
Inscripción: Aqueles/as interesados en participar na IIª andaina polos montes de Vigo pódense inscribir entre o 6 e o 14 de maio tanto na Casa da Xuventude (López Mora 31) como en El Corte Inglés, sección de deportes (6º andar), en horario de mañá e tarde.

A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina e aboar os 2 euros (1 euros para menores de 12 anos). Esta achega destinaráse a cubrir o desprazamento en Vitrasa dende a Praza do Rei ata os puntos de saída e, ao rematar, volver ao punto de partida en Praza do Rei. Deste xeito quérese evitar o emprego de vehículos particulares nun percorrido lineal, coas consabidas molestias, e, ao mesmo tempo, promover o emprego de transporte público.

Coa inscrición entregarase a tarxeta de participación e un vale para recoller entre os días 11 e 15 de maio en El Corte Inglés (sección Deportes) a camiseta conmemorativa da IIª andaina polos montes de Vigo.

O mesmo día da andaina, presentando a tarxeta de participación no control de saída establecido na Praza do Rei, entregarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Eroski. Tamén ao longo do percorrido, poderase completar o avituallamento.
Publicar un comentario en la entrada