Lucus a Pé 2015

Nome da proba: Lucus a Pé 2015 (IV Encontro Sendeirista e Cultural)
Organiza: Sociedade Micolxica Lucus
Data: 07 de xuño de 2015
Modalidade: Andaina
Distancia do percorrido: 12,2 ou 17,7 Qm
Información: O IV Encontro Sendeirista e Cultural "Lucus a Pé" ten como obxectivo fundamental o de achegar e difundir os valores culturais e paisaxísticos da cidade de Lugo e o seu ámbito a través do sendeirismo, mediante unha ruta especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade e parte do magnífico cinto verde da súa contorna.

Máis información na web: www.smlucus.org/lucusape tamén vía email a: info@smlucus.org ou por tfno. ao 676750812

Inscripción: Para ASOCIACIÓNS: Poden inscribirse todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro de calquera tipo (culturais, sendeiristas, veciñais, etc). A comida constará dun pequeno tentempé (auga e chocolatina, que se entregará nunha bolsa antes da saída) e do xantar do mediodía, ambas de campo. A inscrición e bolsas de tentempé e comida son gratuítas para as asociacións.

1º) Enviar o formulario de inscrición para asociacións cuberto antes do día 01/06/2015, pódese enviar de 3 xeitos: Envío online, cubrindo e enviando o formulario sito en: http://www.smlucus.org/lucusape/inscribete.asp (poñendo o nome da Asociación no campo "Apelidos"), por email a: lucusape@smlucus.org ou por fax ao 982283037. Un só formulario por asociación.

2º) Retirar os vales para a comida o mesmo día 7 de xuño, no punto de saída (Rúa San Marcos, fronte á Deputación de Lugo), de 9:00 a 9:55 horas.

3º) Inicio do evento ás 10:00 horas na Rúa San Marcos, (Fronte á Deputación de Lugo), dende onde partirá a ruta prevista.

Para PARTICULARES CON OPCIÓN A BOLSA DE COMIDA: Cada particular pode inscribirse individualmente ou inscribir ao número de persoas que desexe (amigos, acompañantes, grupos, etc). A comida constar dun pequeno tentempé (auga e chocolatina, que se entregará nunha bolsa antes da saída) e do xantar do mediodía, ambas de campo. A inscrición con comida ten un custe de 5 € por persoa, que se pagarán no momento de retirar os vales da comida.

1º) Cubrir e enviar o formulario vía web sito en: http://www.smlucus.org/lucusape/inscribete.asp antes do día 01/06/2015.

2º) Retirar e pagar os vales para a comida o mesmo día 7 de xuño, no punto de saída (Rúa San Marcos, fronte á Deputación), de 9:00 a 9:50 horas.

3º) Inicio do evento ás 10:00 horas na Rúa San Marcos, (Fronte a Deputación de Lugo), dende onde partirá a ruta prevista. .

Para PARTICULARES SEN OPCIÓN A BOLSA DE COMIDA: As persoas que desexen facer a ruta programada sen opción a comida poden facela de xeito libre e totalmente gratuíto e non precisan inscrición previa, so presentarse antes das 10:00 horas na Rúa San Marcos (Fronte á Deputación de Lugo) para a saída. Ao rematar, haberá buses gratuítos para levar ás persoas que o desexen, de volta ao centro da cidade.
Publicar un comentario en la entrada