Andaina para raparig@s

Nome da proba:ANDAINA PARA RAPARIG@S
Organiza:CLUBE DEPORTIVO ATLETISMO CHANTADA
Modalidade:Andaina
Data:11/10/2015
Distancia do percorrido:4KM
Información:Este é o programa da andaina infantil que organizamos paralelamente á Andaina polo corazón de Galiza.


ACTIVIDADES ANDAINA PRA RAPARIG@S – CHANTADA 11/10/2015
Lugar de saída: Campo de Fútbol - Sangoñedo
Programa:
*Entrega de acreditacións e xogos de presentación.
*Elaboración de grupos e explicación da actividade.
*Andaina e Xincana Mouros e tesouros do Asma.  Tres paradas para superar diversas probas.
*Xogos populares.
*Mural final.
Descrición das actividades:
-Xogos de presentación: levaranse a cabo diferentes xogos que teñen como finalidade que os rapaces e rapazas que van a participar na andaina se coñezan.
-Xincana Mouros e tesouros do Asma: para que a Andaina sexa máis divertida e atractiva para os participantes, esta terá como fío condutor un conto de misterio, protagonizado por mouros e mouras, trasnos e outros seres que algún día habitaron os nosos bosques e ríos. Divididos en dous grupos, terán que ir superando probas e xogos para dar coas pistas que os levarán ao tesouro.
Os xogos e probas desta actividade serán diversos e relacionados con diferentes temáticas, natureza, lendas, historia, xogos de habilidade
-Xogos populares: Os cativos farán un circuíto no que poderán xogar a xogos tradicionais.
-Mural da andaina: Cos diferentes materiais que se irán recollendo polo camiño, os participantes farán un mural no que quedará plasmada esta experiencia.

*Se chove haberá actividades alternativas nun lugar cuberto habilitado pola organización.
*Os cativos estarán acompañados en todo momento por monitores, polo tanto non é necesario que un familiar os acompañe.
*Para os menores de 5 anos haberá unha Andaina alternativa. 
Inscripción:www.andainadechantada.es
Publicar un comentario