IV Andaina A Pobra de Trives

O vindeiro domingo 4 de Outubro, a Concellería de Deportes de A Pobra de Trives organiza unha nova andaina, ruta de BTT e este ano tamén inclúe unha proba de Cross.
   
A andaina e o cross son de 18 quilómetros aproximadamente. Comenza na Finca da Barreira cara Castro, logo toma dirección á Somoza, continúa hacia Sobrado rematando novamente en Trives. A Proba de Cross conta con premios para os tres primeiros tanto na categoría feminina como masculina.
    
O percorrido de aproximadamente 36 quilómetros para a proba de BTT tamén comenzan na Finca da Barreira en dirección a Castro, A Somoza, Penapetada, chegando ata a serra da Escrita , onde se pode albiscar o gran patrimonio natural que nos rodea e chama a atención pola súa beleza. Logo comenza o descenso cara Sobrado por bosques nos que podemos deixar voar a inmaxinación e sumerxirnos en lendas de fadas e trasnos continuando a ruta cara Mendoia, San Fiz ata rematar en Trives.

As inscricións fanse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives, na tenda de Deportes Matías tamén na vila ou nas tendas deportivas Tri-Sport da Rúa e do Barco. O prazo para anotarse remata o 1 de outubro.

O roteiro ten un prezo de 10€ e inclúe a camiseta, 4 avituallamentos e a comida. Tamén haberá sorteo de regalos.

Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)
Publicar un comentario