VIII Andaina Popular de Negreira

Nome da proba:VIII ANDAINA POPULAR DE NEGREIRA
Organiza:CONCELLO DE NEGREIRA
Modalidade:Andaina
Data:26/09/2015
Distancia do percorrido:25 KILÓMETROS
Información:ANDAINA POPULAR DE NEGREIRA (A CORUÑA)
26/09/2015

A 8ª Andaina Popular “Negreira no Camiño de Fisterra” vai ter lugar o sábado 26 de setembro en Negreira, e terá 25 Km. de distancia. Con esta iniciativa preténdese familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademáis de potenciar e dinamizar o camiño de Fisterra-Muxia no tramo de Negreira.
REGULAMENTO
1.- ORGANIZACIÓN:
A proba está organizada polo Concello de Negreira
2.- INSCRICIÓN:
Poderá realizarse en:
- Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira
Teléfono: 981.885 886 Fax: 981.885 328
e-mail: cultura.deportes@concellodenegreira.es

- A data para a inscrición será do 10 ó 25 de setembro ata as 14:00 h.
-  A inscrición é gratuita.

3.- SAÍDA E CHEGADA:

Farase dende o Campo da Feira na data sinalada ás 9:00 horas. É preciso estar no punto de saída 30 min. antes do inicio da proba. A Meta situada no Campo da Feira pechará ás 16:00 horas (7 horas despois do inicio).
4.- ROTEIRO:

Estará convintemente sinalado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con indicadores e frechas cada certos metros para que non haxa ningunha
posibilidade de perda.
5.- AVITUALLAMENTO:

Ao longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados
en:
1.- km. 5, Broño: auga e froita
2.- km. 9, A Pena: auga, froita e bocadillos
3.- km. 20, Broño: auga, froita e bocadillos

6.- MASAXISTA:

Na liña de meta haberá servicio de podoloxía para toda a xente que o necesite.

7.- CONTROIS E CUALIFICACIÓNS:
Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento. Tódolos camiñantes que fagan a proba terán como agasallo unha gorra alusiva da proba e entrará nos sorteos que se fagan na meta.
CONTROL: levarase o díptico interior en todo o percorrido, para poderser cuñado nos puntos de avituallamento. Cada participante levará un dorsal suministrado pola organización e imperdibles para suxeitar á camiseta, que se darán na saída e deberán presentalo na meta. Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar con anterioridade. 
Inscripción:- Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira
Teléfono: 981.885 886 Fax: 981.885 328
e-mail: cultura.deportes@concellodenegreira.es

- A data para a inscrición será do 10 ó 25 de setembro ata as 14:00 h.
-  A inscrición é gratuita.
Publicar un comentario