Roteiro das Praias

Nome da proba:Roteiro das Praias
Organiza:A.C. Almuinha
Modalidade:Andaina
Data:25/10/2015
Distancia do percorrido:9km
Información:O domingo 25 de outubro a A.C. Almuinha organiza o Roteiro das Praias, que nos vimos na obriga de suspender o pasado mes de setembro por mor do mal tempo.

A saída será ás 10:00h desde a Alameda Rosalía de Castro de Marín, e contaremos coa participación do arqueólogo marinense Lukas Santiago que nos dará unha pequena charla na zona dos petróglifos de Mogor.

Será a primeira dunha serie de andainas dentro do programa "Coñecendo o noso entorno". É unha andaina duns 9 km, de dificultade baixa e duración estimada de 2 horas e media.

É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que camiñaremos pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.

Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que faremos unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.

É un roteiro non circular, polo que sería conveniente que aquelas persoas que poidan deixen un vehículo na Praia do Santo para voltar a Marín ao rematar. Conveniente, mais non imprescindíbel, pois desde a organización deixaremos algún vehículo no final do roteiro.

Contamos con vós!
Publicar un comentario