Roteiro do Monte Penizas



Nome da proba:Roteiro do Monte Penizas (Marín)
Organiza:A.C. Almuinha
Modalidade:Andaina
Data:31 de xaneiro 2016
Distancia do percorrido:7km
Información:O domingo 31 de xaneiro a A.C. Almuinha organiza un roteiro pola "Ruta do Monte Penizas", en Marín.

A saída será ás 10:30h desde a Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro (Marín) e rematará no centro de Marín. Na andaina contaremos coa participación do arqueólogo marinense Aarón Franco que dará unha pequena charla no Castro da Subidá.

Será a segunda dunha serie de andainas dentro do programa "Coñecendo o noso entorno", que comezamos o pasado mes de outubro coa "Ruta das Praias", e que terá continuidade nos vindeiros meses. É unha andaina duns 7 km, de dificultade baixa e duración estimada de 3 horas.

É unha ruta de gran beleza, de gran atractivo cultural, arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico e natural, destacando como lugares de especial interese as igrexas románicas de Santo Tomé de Piñeiro e Santa María do Campo, os muíños do río Loira, o menhir de Currás, o Monte Penizas cunhas fermosas vistas da ría, e finalmente o Castro da Subidá, onde asistiremos a unha pequena intervención do arqueólogo marinense Aarón Franco, quen participou nos traballos de recuperación do mesmo.

É un roteiro non circular, polo que cómpre telo en conta. Desde a organización deixaremos algún vehículo en Marín (na entrada do Porto, ao carón da Escola Naval Militar) para poder voltar ao punto de partida, mais por se a asistencia á andaina é numerosa sería bo que aquelas persoas que teñan a posibilidade deixen tamén algún vehículo en Marín para facilitar a volta ao punto de partida.


Para facilitar a chegada ao punto de partida do roteiro da xente que non coñeza a zona, algún membro da organización estará ás 10:00h. na entrada do Porto de Marín (ao carón da Escola Naval Militar).
Publicar un comentario