II Andaina polo corazón de Galiza

Nome da proba:II Andaina polo corazón de Galiza
Organiza:CLUBE DEPORTIVO ATLETISMO CHANTADA
Modalidade:Andaina
Data:18 de setembro de 2016
Distancia do percorrido:23 Qm aprox.
Información:
A 2ª Andaina polo Corazón de Galiza celebrarase o día 18 de setembro de 2016, con saída e chegada no Campo de Futbol do Sangoñedo, en Chantada. Darase a saída ás 10:00 horas.
Inscripción:
Na páxina  www.andainadechantada.es, onde será necesario facer unha preinscrición completando os datos que se piden, e a continuación facer un ingreso de 7€ no nº de conta de ABANCA
ES46-2080-0114-6830-4001-8323 (titular CLUBE DEPORTIVO ATLETISMO CHANTADA), facendo constar no concepto o nome, apelidos e DNI d@ participante. Unha vez recibamos a confirmación enviaremos ao correo electrónico facilitado na preinscrición un xustificante de participación e toda a información necesaria para o día da proba.

O prazo  para inscribirse comeza o día 1 de agosto e remata o 15 de setembro de 2016.

A inscrición ten un custe de 7€. www.championchipnorte.com 

ANDAINA PARA RAPARIG@S

Paralelamente á 2ª Andaina polo Corazón de Galiza organízase a 2ª Andaina para raparig@s a partir de 3 anos de idade, na que poderán participar nunha mini-andaina polo entorno do Sangoñedo, xogos e dististas actividades durante toda a mañá.
O evento está organizado e controlado pola empresa Velaísca, especializada en actividades de tempo libre, e desenvólvese nun entorno totalmente seguro.
As actividades darán comenzo dispois da saída da Andaina de adultos e durarán toda a mañá ou ata que remate a mesma.
Publicar un comentario