III Andaina Terras de Altamira // SUSPENDIDA//


SUSPENDESE A III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN

A directiva da A.C.M.D O ESQUÍO NO PIÑEIRO informa:

Que logo de moito meditalo vémonos na obriga de cancelar a III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN que ía celebrarse o vindeiro día 14 de maio de 2016 no Concello de Brión.

A razón non é outra que a falta de liquidez e medios da Asociación para poder levala a cabo, trátase dunha decisión moi meditada e a súa vez tomada moi ao noso pesar. 

Cando comezamos a traballar nesta edición da andaina, e logo de estudiar o posible orzamento de gastos, xa nos vimos na obriga de aumentar o prezo da inscrición (+1€ con respecto a pasada edición) para tentar cubrir os gastos derivados da organización da mesma. Xunto con esta medida  e contando con ter o apoio (como en edicións anteriores) de empresas que colaboraran patrocinando economicamente a proba tiñamos moi boas expectativas para levar adiante esta terceira edición. Pero a realidade foi outra moi distinta, e logo de manter conversas cos habituais patrocinadores estas non chegaron a bo porto polo que o aporte económico veuse notablemente decrecido en relación a edición pasada.

Outro dos motivos, e quizais o principal, é que a inscrición tampouco foi como en principio contábamos, pasando dos case 400 inscritos na edición 2015 aos pouco mais de 130 que temos a día de hoxe.

Con este negro panorama e afogados polos gastos que supón organizar un evento deste tipo (cronometraxe, camisetas, bolsas, comida, carpas, seguros, ambulancia, diplomas, furgoneta, gasolina, etc.) chegamos ao consenso de que este ano é economicamente inviable para a nosa pequena asociación asumir a organización desta proba. 

Sabemos que seguramente se pode organizar de xeito “máis sinxelo” ou con menos pretensións, pero nin nos vemos con ganas nin cremos que sexa moi producente baixar o bo caché que conseguiu a andaina nas dúas pasadas edicións.

Apelamos á comprensión de tódolos inscritos e informamos que se devolverá a cota íntegra de inscrición a cada un deles da seguinte maneira:

- Inscritos a través da web: faráselle a devolución automaticamente ao número de conta ou tarxeta bancaria que utilizaron para facer a inscrición. Contamos con facer a orde de devolución estes días co cal para a vindeira semana deberían estar efectivamente devoltas todas as cotas.

- Inscritos na Piscina Cuberta Municipal: deberán achegarse a esta instalación onde se lle devolverá a cota de inscrición en efectivo.

Queremos que este non sexa o final da ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA – BRIÓN, senón un punto e seguido, e traballaremos con todo o esforzo para que a NOSA ANDAINA non caia no esquecemento e para poder ofrecervos unha nova edición no ano 2017. 

Rogámosvos a todos/as que aceptedes as nosas sentidas desculpas polas molestias que puideramos tervos ocasionado.

A.C.M.D O ESQUIO NO PIÑEIRO
04 DE MAIO DE 2016


Nome da proba:
III Andaina Terras de Altamira
Organiza:Asoc. O Esquio no Piñeiro
Modalidade:Andaina
Data:14 de maio de 2016
Distancia do percorrido:50 Q
Información:Por terceiro ano vaise celebrar a andaina Terras de Altamira - Brión 50 Qm o vindeiro SÁBADO 14 DE MAIO DE 2016. Logo de duas edicións caracterizadas polo enorme éxito de participantes, a terceira andaina consolidase afrontando un novo reto: a modificacións dos percorridos que serán novos no seu 90%. Como sempre a andainda vend a man da Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO coa que colabora a Piscina cuberta municipal de Brión.

A proba de 50 Qm volvese a distribuir en 3 aneis (14, 22 e 14 Qm) que o sendeirista pode facer cada un independentemente ou combinalos segundo a capacidade física do participante. Non é necesario completar os 50 Qm, senon que cada quen pode escoller as distancias que considere que pode andar sen problemas.

Como xa dixemos, no ano 2016 os percorridos da andaina serán novos no 90% seguindo coa máxima coa que comezamos fai xa 3 anos: dar a coñecer os bonitos paraxes que podemos atopar en Brión. Percorreranse sendeiros a través dos montes, a carón dos Rios Sar e Tambre, veremos fervenzas, castelos e unha morea de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante da ruta.

O punto neurálxico da andaina, como xa é costume, será a CARBALLEIRA DE SANTA MINIA, punto no que comezan e rematarán cada un dos tres aneis. A saída xeral para os participantes que desexen realizar o primeiro anel ou os 50 Qm totais será as 9:00 hrs. O restos dos horarios iranse colocando nesta mesma web antes da data de realización da proba.

Durante a andaina haberá avituallamentos tanto líquidos como sólidos, así mesmo estableceranse duas zonas con "avituallamentos mais abundantes" co cal non será necesario que os participantes carguen con comida nin bebida para o mediodía.
Inscripción:INSCRICIÓN

Poderá realizarse dende o 1 de abril ata o 10 de maio en:
- On-line: http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/
- Presencialmente na Piscina Cuberta Municipal do Concello de Brión

PREZOS

Establecense dous plazos para o pagamento da andaina:

Dende o 1 ata o 20 de abril: 11€
Dende o 21 ata ao 10 de maio: 15€

No prezo vai incluido:

- BOLSA DO SENDEIRISTA COMPOSTA DE:
   Camiseta técnica
   Bolsa
   Dorsal
   Imperdibles
- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS:
   Auga
   Bebidas Isotónicas
   Refrescos
   Froitas
   Empanada
   Bocadillos
- SERVIZOS DE
   Duchas
   Piscina Cuberta
   Recollida en caso de accidente ou lesión
   Servizos médicos de primeiro alcance
   Aparcamento
- DIPLOMA DE FINISHER CON TEMPO E KMS COMPLETADOS

O número máximo de particpantes é de 500.
Publicar un comentario en la entrada