XIII Andainatudense Solidaria



Nome da proba:XIII Andainatudense Solidaria 2016
Organiza:Club Andatui Rego da Pedra
Modalidade:Andaina
Data:14 de maio de 2016
Distancia do percorrido:26 Qm
Información:O vindeiro 14 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do “Pai Miño”, o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 26 qm. aproximadamente.

Seguiremos polas parroquias de Pazos de Reis para subir polo regato Tabernas, Frinxo ás 12:00, Rego da Pedra e ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.

Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Randufe, Alto do Coello ás 17:00, dando unha volta polos petroglifos de Tui.

Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.

Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 12 DE MAIO ÁS 24:00

Inscríbete aquí antes do 12 de maio de 2015

Percorrido da XIII Andaintaudense: pulsa aquí.

-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .

¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).

-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:

· Quilómetro   5: líquido

· Quilómetro   8: líquido e froita

· Quilómetro 12: líquido

· Quilómetro 21: líquido

-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:

· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.

· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.

· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.

* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:

· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.

· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.

· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.

V Concurso Fotográfico
Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.

Haberá premios para as tres mellores:

1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas perosas.

2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.

Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.
Inscripción:
O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 12 DE MAIO ÁS 24:00

Inscríbete antes do 12 de maio de 2015

http://www.andatui.es/inscricionandaina1/
Publicar un comentario en la entrada