VI Andaina Solidaria Concello de Baños de Molgas


Nome da proba:VI ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Organiza:Concello de Baños de Molgas
Modalidade:Andaina
Data:25 de setembro de 2016 Nova data: 2 de Outubro de 2016
Distancia do percorrido:Tres: 5Km, 10Km e 20Km
Información:VI ANDAINA SOLIDARIA "NICO CONTRA EL CÁNCER INFANTIL" CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

O Concello de Baños de Molgas organiza a VI Andaina solidaria, neste caso co movemento "NICO CONTRA EL CÁNCER INFANTIL"


O movemento “Nico contra el cáncer infantil” foi iniciado en novembro de 2015 en Ourense, despois de que Nicolás Leal Rodríguez, o protagonista da nosa historia, volvera da súa intervención no Hospital La Paz de Madrid.

Actualmente Nico, ten restos tumorais de baixa actividade que se encontran parados, polo que continúa baixo unha estreita vixilancia médica, inda que sen tratamento (antes da ciruxía foi sometido a cinco ciclos de dous tratamentos de combinados quimioterapéuticos diferentes durante cinco meses, polo que só lle quedaría unha terceira opción de tratamento, que é mellor reservala para evitar unha quimiorresistencia).

Lideran o movemento: a nai (Ángeles Leal Freire) e tías de Nico (Beatriz e Patricia Leal Freire), como actuación dependente da Asociación NEN cuxo obxectivo principal é a financiación de proxectos de investigación contra o cancro infantil, e máis especificamente tumores sólidos.

+ info: Concello de Baños de Molgas: 988 43 00 00; Protección Civil de Baños de Molgas (Pepe): 699 92 08 90; www.concellodemolgas.es

Inscripción: Concello de Baños de Molgas previo pago de:
CUOTA: 8€ (5€ para gastos e 3€ para doar á Asociación)
Pago dos 8€ na conta ABANCA:
ES88 2080 0419 11 3040002685
Ou no Banco Santander Maceda:
ES96 0030 6047 93 0000716271
Deberán remitir o xustificante do ingreso ó fax do Concello: 988 43 03 93 ou ó e-mail: administracion@concellodemolgas.es
Tamén se poderá entregar o xustificande media hora antes da saída.
O prazo rematará o vindeiro xoves, 29 de setembro.
Ao remate da Andaina tódolos participantes estarán convidados a un ágape e tamén se realizarán sorteos entre os asistentes.
Publicar un comentario