I Andaina PENSA NAO


Nome da proba:I Andaina PENSA NAO
Organiza:Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro
Modalidade:Andaina
Data:24 de Setembro de 2016
Distancia do percorrido:15,5 km
Información:Roteiro basado na novela Pensa Nao de Anxo Angueira, gañadora do premio Xerais.
Contaremos coa presenza de Anxo Angueira.
A andaina celebrarase o sábado 24 de setembro. A hora de saída será ás 9:30 dende o souto da aldea de Manselle, no concello de Dodro.
O percorrido terá lugar polo roteiro que leva o nome da novela. É de tipo circular e ten unha lonxitude de 15,5 km aproximadamente. Dificultade media.
O percorrido está completamente sinalizado.
Cada participante terá que levar o seu propio avituallamento, ainda que contamos con fontes cada cinco km para poder refrescarse.
A inscrición permite á organización sacar fotografías e publicalas en diferentes soportes de comunicación.
Inscripción:As inscripcións realizaranse no correo electrónicounidadevecinaldodro15@gmail.com indicando o nome e apelidos e o lugar de procedencia dos participantes.
A inscrición terá un custe de 1 euro por participante para afrontar o pago do seguro de cada camiñante. O pago realizarase o propio día da andaina coa recollida do dorsal.
Publicar un comentario