9 Roteiro por terras de Cortegada

Nome da proba:9 Roteiro por terras de Cortegada
Organiza:Concello de Cortegada
Modalidade:Andaina
Data:30 de outubro de 2016
Distancia do percorrido:19,5 Km
Información:Balneario - A Barca - Vao - Meréns - Louredo - Soutelo - Seixomil e Cortegada. Distancia: 19,500 qms.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.
O participantes que se retiren deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
Avituallamentos líquidos e sólidos.
Inscripción:Poden realizarse cumprimentando o boletín que lle achegamos e entregandoo:
En Ribadavia: Glotón (988 470 014), Banathlon (988 471 898).
En Ourense: Intersport Bouso (988 226 592), Redonet (988 222 692), Deportes Moncho (988 250 274).

No Concello de Cortegada:

Realizar o ingreso do importe da inscrición (8€) na na conta ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco de Santander, ou na ES86 2080 5294 7331 1000 5079 de Abanca, ata o día 25 de outubro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer:
ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
Entregar o boletín cuberto no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, por fax (988 099 021) ou por mail (concello.cortegada@eidolocal.es), neste caso deberá agardar confirmación da reserva por parte do Concello, por correo electrónico, por fax ou por teléfono.

O prezo da inscrición será de 8 € e dará dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida e bebida.
Publicar un comentario en la entrada