3ª Andaina do Viño de Monterrei


Nome da proba:3ª Andaina do Viño de Monterrei
Organiza:Concello de Monterrei
Modalidade:Andaina
Data:16 de outubro de 2016
Distancia do percorrido:18
Información:Achégate coa familia! Este ano haberá tamén andaina e actividades para os máis peques de balde!

O percorrido estará debidamente balizado, terá unha distancia de 18 km. O tempo total para facelo non poderá superar as 5 horas (fin ás 15:00 horas).

O longo do percorrido haberá 2 puntos de avituallamento, que actuarán tamén como puntos de control, e que xunto co instalado na saída terán a finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o desenvolvemento da proba. Asemade, e por cortesía das diferentes adegas do Concello de Monterrei, ao rematar a proba existirá un punto de degustación e sortearanse varios lotes de viño xunto con outros regalos.
Inscripción:5 Euros / persoa
(nº máximo de participantes: 300
idade mínima: 16, para menores haberá unha
andaina e actividades infantís)

inscrición do 3 ao 13 de outubro en:
Concello de Monterrei Rúa Fontiñas s/n
(Albarellos, Ourense)

Multisport Verín Rúa Irmáns Moreno 19
(Verín, Ourense) Teléfono: 988410665

Deportes Redonet Rúa Ervedelo 21
(Ourense) Teléfono: 988222692
Publicar un comentario