Andaina solidaria, senda do Tea 2016

Nome da proba:Andaina solidaria, senda do Tea 2016
Organiza:Concello de Ponteareas
Modalidade:Andaina
Data:30 de Outubro de 2016
Distancia do percorrido:13,5 km; 25 km (dous percorridos)
Información:O Concello de Ponteareas organiza para o domingo 30 de outubro unha andaina solidaria pola senda do Tea dende Ponteareas ata Padróns. Sen prezo de inscrición, cada participante achegará alimentos e artigos de hixiene persoal para o Centro de Reparto de Alimentos municipal.
A andaina, no seu tramo longo, de dificultade media, sairá da Praza Maior ás 9.00 horas, e no seu tramo curto, de dificultade baixa, sairá ás 10.00 horas. Ambas modalidades irán cara Freixa para tomar o sendeiro á ribeira do Tea até chegar o punto de avituallamento no Cristo do Piñón na parroquia de Padróns. Neste punto a andaina de tramo curto volverá cara o centro urbano de Ponteareas a través de Padróns e Ribadetea con chegada na Praza Maior.
A andaina de 25 km, entrementres,  continuará dende o final da senda do Tea no Cristo do Piñon pola ribeira do Borbén dende a desembocadura no Tea ata Ponte Maceira e logo por Fozara para volver a Padróns polo barrio de A Seca, dende alí pasará polo barrio de Castro e subida cara o campo de fútbol de Chan de Rozas para subir a media ladeira do Galleiro e baixar cara o barrio de Mouro, de alí a Cillarga pasando polo Viveiro, Barronca, Santa Cruz e pola Freixa de novo a senda do Tea e final na Praza Maior de Ponteareas.
Inscripción:De balde e aberta a todo o mundo. +info

Publicar un comentario