VII Andaina San Mamede Desafío Solidario


Nome da proba:VII Andaina San Mamede Desafío Solidario
Organiza:ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA VIA XVIII
Modalidade:Andaina
Data:05-21-2017
Distancia do percorrido:12 km
Información:A proba consiste nun percorrido de aprox 12 km pola Serra de San Mamede con saída e chegada o pobo de Castro de Escuadro, pasando polo pobo da Teixeira para máis tarde baixar novamente a Castro de Escuadro.

Dito percorrido estará asistido por voluntarios, ademais estará sinalizado con cinta de balizar de cor branca-vermella durante todo o traxecto. Haberá puntos de avituallamento nos ptos km 6 e 9.5

Prezo da inscrición: 10 € (
Inscripción:1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://championchipnorte.com/

2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:

Tenda RUNMANIAK  de Ourense
Direccion: avenida Buenos Aires 17 (parque das mercedes), Ourense
Tf: 988613503

Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.

A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a organización.
Publicar un comentario