Camiño de Santiago: Arzúa - Pedrouzo

Nome da proba:ARZUA - PEDROUZO
Organiza:CLUB DE SENDERISMO TRABANDAINAS
Modalidade:Andaina
Sendero
Data:27-05-2018
Distancia do percorrido:19,1
Información:**O Camiño de Santiago organizado polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello de Noia**

A Citada colaboración permite que se poida gozar desta Peregrinación dende O Cebreiro ata Noia, a prezo simbólico.
Tamén agradecemos a colaboración do grupo Feiraco, que aporta algún dos seus produtos para o avituallamento, que poderemos gozar no transcurso desta etapa.
Esta nosa 6ª Etapa vén sendo a Etapa 30 do Camiño Francés dende  Roncesvalles a Santiago (19,1 km), de dificultade fácil. Entre Arzúa e a catedral de Santiago hai unha distancia de 40 km e o máis lóxico e prudente é dividir o tramo en dúas xornadas, facendo parada en O Pedrouzo. O Concello de Arzúa cede o testemuño ao do Pino nun traxecto cómodo, con pendentes máis fáciles e por pistas próximas á N-547, que nos ofrece unha etapa cómoda. A kilometraxe é moi accesible e o perfil suave. Un dos poucos inconvenientes é que se deberá cruzar varias veces a N-547 sen a axuda de pasos de peóns, todas elas durante a segunda metade da recorrido. Nesta etapa avánzase por tranquilas pistas forestais enlazando pequenas aldeas de casas moi dispersas, tanto que se chega a dubidar onde acaba unha e comeza a seguinte.

**PRAZAS LIMITADAS**

- Hora de punto de encontro: 6:45 h
- Punto de saída: Aparcamento ao lado do Mercadona, en Noia
https://goo.gl/maps/wNSrVWiF81M2
- 2º punto de encontro: Aparcamento Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, a 100 m da saída da autoestrada
https://goo.gl/maps/Ct9FiaZBuXt
- Hora 2º encontro: 7:30 h
- Durante o traxecto faremos unha parada para almorzar en: Churrería "O' Furancho d' Santiso" Taperia-Meson, Rúa Lugo, 9 – 15810 Arzúa. https://goo.gl/maps/X6iFhg994y32
- Hora de comezo da andaina será sobre as 9:30 da mañá.
- O Club aprovisionará aos participantes con auga, barriñas enerxéticas, zumes e iogures para beber doados polo grupo Feiraco.
- O autobús fará o servizo de apoio sobre a metade do camiño.
- Ao remate disporase dun tempo para comer e cada quen deberá elixir, conxuntamente coa inscrición, se desexa participar do menú contratado polo grupo en: Churrería "O' Furancho d' Santiso" Taperia-Meson, Rúa Lugo, 9 – 15810 Arzúa. https://goo.gl/maps/X6iFhg994y32, ou levar as súas provisións.
O custe deste evento consiste en 5 € de prezo básico, que inclúe o almorzo, avituallamento e a credencial de peregrino.
En caso de escoller a opción de participar do “Xantar de Confraternidade”, o custe total para esta 5ª Etapa ascendería a 17 €.

Recoméndase o uso de zapatos antideslizantes e bastóns de sendeirismo, así como roupa de abrigo e choiva.Aconséllase, ademais, levar unha muda de cambio, para o remate da ruta.

• Teléfono do club  683 35 42 97
• E-mail clubtrabandainas@gmail.com
https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175/

PUNTOS  A FIGURAR NO FORMULARIO
• Nome
• Apelidos
• DNI
• Teléfono
• Localidade
• Data de Nacemento
• E-mail
• Escolla de Participación no Xantar
o Si
o Non
• Elección Punto de Encontro
o Noia
o Santiago
• Opción pago
o Pago básico (5€)
o Pago con comida (17€)
Inscripción:http://trabandainas.galitiming.com/
Publicar un comentario