III Ruta Trabandaina

Nome da proba:III Ruta Trabandaina: Monte San Lois
Organiza:CLUB DE SENDERISMO TRABANDAINAS
Modalidade:Andaina
Data:07-07-2018
Distancia do percorrido:18 Km.
Información:Ruta Circular de 18 km
Dificultade: Media – Alta, porque se inicia con unha subida continuada nos primeiros km
Punto de encontro: Alameda, diante do Concello de Noia  https://goo.gl/maps/eRopoETDWi52
Prezo:
Socios Federados e Colaboradores: Gratis
Socios non Federados: 3 €
Non socios Federados: 3 €
Nin socios nin federados: 6 €
Os participantes Non socios Federados deberán enviar copia da licenza federativa ao correo electrónico dos Trabandainas: clubtrabandainas@gmail.com
Inscricións:
Para realizar a inscrición deberase cumprimentar o formulario do seguinte enlace:
http://sanlois.galitiming.com/
Inicio:   Martes, 6 de Xuño
Peche:   Xoves, 5 de Xullo
Hora de reunión, para control: Ás 8:00 horas (Prégase puntualidade)
Hora de saída: Ás 8:30 horas (para aproveitar a frescura da mañá o maior tempo posible)
Aconséllase calzado adecuado e bastóns
Disponse dunha fonte para repoñer auga fresca no lugar de Vilaboa, km 7 aproximadamente
Haberá servizo de avituallamento, no Monte San Lois.
Os nenos deberán ir acompañados por un adulto
Información:
Esta ruta vaise levar a cabo na súa totalidade na contorna de Noia
Está organizada polo Club de Sendeirismo Trabandainas
Cóntase coa colaboración desinteresada do Concello de Noia
Agradecemos as achegas realizadas por Feiraco e Gadis
Detalles da ruta:
Pasaremos pola Praza do Tapal, por diante da Igrexa de San Martín
Subiremos a carón do Pazo da Peña
Visitaremos o Dolmen da Cova da Moura, ao que accederemos camiñando polo camiño Sacramental, que parte do Cruceiro da Rúa Nova
Durante a primeira parte do camiño poderemos gozar camiñando por sendeiros e corredoiras entre carballeiras e soutos, así como outro tipo de arbustos e arboredo que nos achegarán sombra no noso camiñar
Na segunda parte do traxecto poderemos acceder ata a 4 miradoiros no acceso ao Monte San Lois, dende os que poderemos gozar de diversas panorámicas da Ría de Muros e Noia, que ninguén se debería  perder
A través de sendeiros forestais chegaremos a poboación de Taramancos, revalorizada polo empedrado das súas rúas, e onde poderemos visualizar a creatividade dos seus veciños
Accederemos a Testal, unha das praias do Concello de Noia, preto da Vila, e a través da cal tomaremos a Ponte dos Tirantes sobre a Ría para desembocar na aldea de Barro, que nos permite iniciar o paseo marítimo e xardíns en torno ao lugar de Labarta, onde finalizaremos o evento, non sen antes degustar unhas viandas.

**PRAZAS LIMITADAS**
 
Máis información:
Teléfono do club: 683 35 42 97
E-mail: clubtrabandainas@gmail.com
Facebook
Trabandainas
https://www.facebook.com/Trabandainas-95081372838317
Inscripción:http://sanlois.galitiming.com/
Publicar un comentario