Visitamos O Courel

Nome da proba:Visitamos O Courel
Organiza:Implicadas No Desenvolvemento
Modalidade:Andaina
Data:30-06-2018
Distancia do percorrido:Varía dependendo da condición física da persoa.
Información:Dende Implicadas poñemos en marcha unha actividade que comprende toda unha fin de semana coa colaboración de Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes, Transitum Natura e Paula Gómez del Valle.

Trátase dun obradoiro de fotografía impartido por Paula Gómez del Valle e unha camiñata pola serra do Courel. Apetece, verdade? Todas as persoas interesadas poderán asistir a todas as actividades programadas para a fin de semana completa, ou ben participar o sábado 30 de xuño ou o domingo 1 de xullo, segundo o que prefiran. Esta actividade está aberta á participación de todas as persoas que o desexen e queiran colaborar con Implicadas No Desenvolvemento e gozar dunha paisaxe natural como é o Courel.

Para ver o regulamento completo: http://www.implicadas.net/ves-nos-ao-courel/
Inscripción:https://docs.google.com/forms/d/1UL1DFwr1JfU1LOi-P2rNvLlupoIlE65FN6M9yUYJRUQ
Publicar un comentario